Posteado por: Cucha Independentista | 19 mayo 2009

Comunicado de ADIANTE (Galiza) acerca de la Ilegalizacion de INICIATIVA INTERNACIONALISTA (II)

adiante

 

Dende ADIANTE denunciamos que o goberno español, sustentado polo PsoE, quere ilegalizar a candidatura Iniciativa Internacionalista – Solidariedade entre os pobos (II-SP), e para isto, a avogacía e maila fiscalía do Estado impugnaron diante do Tribunal Supremo español a lista electoral desta proposta por esta formación para as eleccións europeas do 7 de xuño. A resolución do Tribunal Supremo é máis que previsíbel.

O Estado español, que se define como democrático e de dereito, ten na ilegalización de formacións políticas a súa mellor arma de acción política, baseándose en indicios e “probas” ridículas, asentadas en seguimentos ilegais e na vixía de cidadáns. Ao tempo, vemos todos os días como Pp e PsoE reivindican indultos para os seus cargos imputados por corrupción, ou mesmo para os que xa dispoñen de sentencia en firme, que volven ser electos nun período de tempo “razoábel” para ocupar o seu cargo.

Un Estado que se diga de dereito e democrático é incompatíbel coa existencia de tribunais políticos de excepción, de tribunais especiais de orde pública, e de leis coma a Lei Orgánica 6/2002, de 27 de xuño, de Partidos Políticos, promulgada co único fin de ilegalizar, marxinar e perseguir aos movementos independentistas das nacións sometidas polo Estado Español. Isto é propio de Estados Totalitarios.

O Reino da España está sobrepasando os seu límites, xa se esqueceu da sutilidade, das aparencias doutrora. Todo está permitido para acabar co “terrorismo”, mesmo practicando o terrorismo de Estado. Isto non é nada novo. Non respectan nin sequera os seus supostos ideais, que non son na realidade máis ca unha ampulosa retórica que agocha a súa intención de impor, por calquera medio, o seu modelo político e económico, impor en suma a “Unha, grande e libre” nación española baseada na hexemonía do Capital.

Este estado de excepción imposto é coñecido nos foros internacionais, e así o teñen expresado organizacións nada sospeitosas de antisistema como Amnistía Internacional ou o Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas, que mostran a súa preocupación pola aplicación da “Lei de Partidos” e denuncian a indefensión que supón para o conxunto da poboación do Estado español.

Desde ADIANTE, queremos mostrar o noso apoio a todas as persoas e colectivos que respaldan a candidatura II-SP, e moi especialmente ás galegas e galegos, compañeiras/ os da FPG e da CUT, que non cometeron máis delicto que apoiar e artellar unha candidatura na defensa da soberanía dos pobos e da clase traballadora de Galiza, de Europa, do Mundo.

Do mesmo xeito esixímoslles a todas as forzas políticas galegas que condenen esta última agresión do goberno español e mostren a súa solidariedade co conxunto do pobo, que se está a ver privado dos seus máis elementais dereitos democráticos.

Por unha Europa dos pobos e socialista!!

Democracia e Soberanía para Galiza!!

http://www.adiantegz.org/index.php?option=com_content&task=view&id=218&Itemid=28

Anuncios

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: