Posteado por: Cucha Independentista | 19 mayo 2009

A CIG rexeita a exclusión da candidatura de Iniciativa Internacionalista ás eleccións europeas

A CIG manifesta o seu rexeitamento a que se impida presentarse ás Eleccións ao Parlamento Europeo á candidatura Iniciariva Internacionalista – A Solidariedade entre os pobos. Máis unha vez o Estado español e o goberno do PSOE, apoiándose na súa Lei de (ilegalización) de partidos políticos, utiliza os tribunais para excluír do sistema electoral unha candidatura, con argumentos dubidosos e intencións que reflicten métodos autoritarios e represivos diante da cuestión das nacións dependentes existentes no Estado español.

Con esta decisión exclúese a milleiros de cidadáns e cidadás, impedíndolles o exercicio do dereito universal ao sufraxio libre, directo e secreto, e conculcando o dereito a decidir dos distintos pobos e nacionalidades que conforman o Estado español.

Asemade, esta decisión do Goberno semella que tenta desviar a atención da dramática situación na que se atopan millóns de homes e mulleres que perderon o seu posto de traballo ou están en condicións laborais precarias. Persoas que poderían somarse ás alternativas que denuncian un modelo social inxusto, aseado na acumulación de riqueza a partir da especulación, que se mantén mediante a demagoxia e o fraude que cometen apresentándose como defensores e paladíns dunha sociedade presuntamente libre e plural.

Con esta ilegalización queda en evidencia o interese dos partidos españois, PP e PSOE, de silenciar aos discrepantes tamén mediante políticas claramente represivas.

En consecuencia, a CIG amosa a súa oposición á exclusión electoral de Iniciativa Internacionalista, e quer expresar a súa solidariedade cos compañeiros e compañeiras que conforman esta Candidatura.


http://www.galizacig.com/avantar/novas/19-5-2009/a-cig-rexeita-a-exclusion-da-candidatura-de-iniciativa-internacionalista-as-eleccion

Anuncios

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: