Posteado por: Cucha Independentista | 18 mayo 2009

Rolda de prensa de membros da ilegalizada Iniciativa Internacionalista en Vigo

017

 

Na tarde de onte, 16 de maio de 2009, e presentados polo líder da FPG, Mariano Abalo; Xosé Luís Méndez Ferrín e Xan Carballo, compoñentes da ilegalizada Iniciativa Internacionalista e militantes da CUT e FPG, deron unha rolda de prensa en Vigo, xunto co tamén galego, Luís Ocampo, membro de IZCA.

 

Declaracións de Luís Ocampo:

O que esta pasando nestes momentos é a agresión máis brutal ás liberdades dende o golpe de febreiro do 81. Nun estado de dereito como o estado español, o maior órgano de decisión en materia electoral é a xunta electoral, e fai uns días dicía nun comunicado que a lista de iniciativa internacionalista era legal. Logo dunha deliberación “especial” consideraran que era válida a candidatura. Logo disto empezaron a funcionar presións políticas e podemos dicir que tras delas estaba o Ministro do Interior, que tivo responsabilidades en Gobernos dos GAL.

Dende o punto de vista xurídico hai dúas posibilidades de ilegalización, pola vía da lei electoral era imposible; a outra era a lei de partidos políticos, máis lenta e que non lle daba tempo a ser aplicada. En fraude de lei, aplicaron a lei de partidos, e con argumentos falaces e calumniosos do Ministerio de Interior decidiron ilegalizar a candidatura electoral. Por iso, dende esta candidatura vamos a presentar unha querela criminal contra o Ministro do Interior por Difamación e Calumnias nos vindeiros días.

Cremos que tras destas accións está o de que, segundo fontes do Ministerio do Interior, dábase por feito que a nosa candidatura fose a obter, cando menos un escano.

Dende iniciativa internacionalista, máis aló de ter unha meta, que era presentarnos ás eleccións, había un obxectivo, crear unha dinámica social, e cremos que ese obxectivo está conseguido. O Sr. Rubalcaba, Ministro de interior, politicamente, e que quede claro este concepto de “politicamente”, imos a acabar con el, moralmente xa está acabado.

 

Declaracións de Xosé Luís Méndez Ferrín:

A FPG quedou satisfeita cando se presentou en Iniciativa Internacionalista, xa que se lle presentou a posibilidade de ocupar o seu espazo nunha lista dentro do estado español con outras forzas políticas, de carácter soberanista e non soberanista, xa que proletariado só hai un.

Temos o rei de Franco, o mesmo que puxo el, e seino moi ben porque ten os mesmos anos que teño eu. Debemos dar pasos adiante, pasos adiante que teñan como obxectivo a independencia e o socialismo. É insoportable o réxime actual por monárquico e por deficitario democraticamente, e por nega-lo dereito dos pobos á súa autodeterminación.

Iniciativa Internacionalista leva nas súas listas representantes moi importantes da cultura de esquerdas en España, Empezando polo seu número un, Alfonso Sastre. Alfonso Sastre que foi o ídolo da miña xeración e probablemente o home que máis dano lle fixo a Franco ca pluma na man. Da pluma de Sastre saíron a primeira e segunda carta dos intelectuais que protestaron e que contribuíron a que a opinión pública mundial estivese continuamente denunciando o réxime de Franco, a que non se esquecera no mundo occidental que en España había unha ditadura cruel e que se torturaba aos traballadores e as traballadoras. Ese e o pasado de Sastre e é o pasado que lle da medo ao estado español. Aquel que sendo madrileño di que non a este sistema e exíliase en Euskadi. Máis que un home e un símbolo e é unha das persoas máis escoitadas no mundo.

Aparecen partidos que non son vascos, nin cataláns, nin galegos, non é unha Galeuska. É algo máis que isto. Existen movementos, existen partidos castellanos e andaluces que apoian, e que teñen protagonismo. Que ve o poder?, unha alianza tremenda, unha unión entre movementos anticapitalistas, movementos obreiros e antisistema que non son vascos, cataláns, nin  galegos, pero que aceptan o dereito de autodeterminación. Esa combinación de esquerda real, de esquerda non nacionalitaria, con movementos nacionalistas como é o noso, é unha combinación realmente dura.

Eu estou convencido de que esa alianza entre a clase obreira, a esquerda española e os movementos de liberación nacional das nacións oprimidas por este estado, é a alianza decisiva que vai acabar coa segunda restauración, e que vai a acabar coa monarquía borbónica, e que vai dar lugar a algo novo que non sabemos aínda como é, pero que vai dar lugar á autodeterminación do noso país, e desexamos que tamén a de Euskadi e os Países Cataláns.  Polo tanto, ó ilegalizar esta candidatura están acertando desde o seu punto de vista, xa que esta candidatura é a que está marcando o camiño cara a ruína do réxime da segunda restauración que, con ese xesto, esta facendo visible o final de ese réxime.

 

Declaracións de Xan Carballo:

Eu quería tocar un tema que sobresae de ese lema que é “iniciativa internacionalista solidariedade entre os pobos”, por estar vinculado á CUT, por ser internacionalistas e solidarios; e por ser este un momento de crise que está dando lugar a que o paro e outros déficits, fagan que a xente se cuestione este sistema. Dende a CUT estamos cuestionando o sistema, levamos meses dicindo que este sistema non serve. Isto é o que máis lle doe, que esta candidatura cuestione o sistema.

O compañeiro Ricardo Castro ven de Euskadi, dunha rolda de prensa na que se convocaba unha folga xeral en Euskal Herría. Rolda de prensa na que estaban presentes máis de trinta organizacións sindicais de todo o estado español, pero non as do sistema, senón as organizacións de clase, as que tamén, coma nós, se cuestionan o sistema actual.

Tamén nestes días vimos de asistir dun encontro no que estiveron presentes, representantes sindicais de Chipre, Chequia, Francia, Austria etc; e todos se están cuestionando o sistema actual. Cremos que este sistema non serve, e existe unha necesidade de rachar as cadeas neofeixistas que se nos están a impoñer, dende esta europa que pretenden democrática baixo ese novo tinte burgués.

 

http://www.cutgalicia.org/index.php?option=com_content&task=view&id=330&Itemid=1

Anuncios

Responses

  1. […] El post original […]


Categorías

A %d blogueros les gusta esto: