Posteado por: Cucha Independentista | 10 mayo 2009

Nova Esquerda Socialista apoia Iniciativa Internacionalista

Ante as próximas eleccións europeas Nova Esquerda Socialista quere sinalar a súa posición política electoral:

Queremos sinalar que aínda que discrepamos con algunhas formas de como se confeccionaron as listas e a representación nas mesmas de Galiza, consideramos moi importante a presentación da candidatura unitaria “Iniciativa Internacionalista”.

A mesma esta conformada por militantes da longa traxectoria na loita polos dereitos nacionais dos pobos oprimidos e sen Estado, como asi tambien de loitadores polos dereitos dos traballadores e dos sectores máis afectados polo sistema capitalista.

Ante o modelo Neoliberal que defenden as outras candidaturas, onde se potencia a Europa dos Mercadores, a Europa Militarista e Imperialista. Iniciativa Internacionalista- la Solidaridad entre los Pueblos, preséntase como a única opción anticapitalista referenciado, á esquerda socialista dos pobos do Estado español.

Desde Nova Esquerda Socialista facemos un chamamento para convocar aos partidos galegos de esquerda, organizacións sociais, culturais e sindicais a dar o seu apoio a esta candidatura e dar pasos unitarios co fin de traballar conxuntamente, nunha proposta unitaria para o noso país.

Sabemos das dificultades que terá esta candidatura para poder darse a coñecer, tamén somos concentes das trabas e persecucións á que sera sometida pola xustiza do réxime. A pesar diso é necesario mobilizar á militancia e aos votantes, para lograr un repudio conxunto a este sistema capitalista inmoral e decrepito.

Vigo, 8 de maio do 2009.
Lois Pérez Leira (Secretario Xeral)

Anuncios

Responses

  1. […] El post original […]


Categorías

A %d blogueros les gusta esto: